No ambiente de Construcións (Identidade lóxica- matemática. Comunidade de Pequenos/as) temos unha colección de miniaturas e imáns de monumentos que se vai nutrindo con pezas de diversas viaxes que realizamos. O valor pedagóxico das coleccións é de incalculable valor. Esta en concreto, conecta culturalmente a necesidade de construir con todo tipo de materiais con arquitecturas feitas polo ser humano a través da historia. Cada vez que nos chega un monumento novo, ubicámolo xeograficamente a través de mapas, buscamos información en diversos libros, visualizamos fotografías, falamos de curiosidades...e pouco a pouco imos construindo unha cidade pola que interactuamos e viaxamos.