venres, 24 de marzo de 2023

EN CLAVE DE MULLER. UN PERCORRIDO HISTÓRICO- MUSICAL ONDE AS MULLERES SON AS PROTAGONISTAS. CAROLINA RUBIROSA E GEMOLA.

 "En clave de muller" é un proxecto  musical que convertiu a nosa biblioteca nun túnel do tempo cheo de pentagramas de igualdade. A través dun percorrido histórico,  homenaxeamos a todas as  mulleres músicas, moitas veces esquecidas, cantando letras cheas de ledicia, nostalxia, sentimentos, revolucións, etc. Levaron o timón artístico Carolina Rubirosa e Gemola. Moitas grazas amigas por este día tan cheo de enerxía coeducativa!. Moitas grazas ao Concello de Ribeira por esta invitación!