xoves, 9 de marzo de 2023

"uniVERSOS": PROXECTO DE POESÍA E FAMILIA.

            Periodicamente a Comunidade de pequenas e pequenos agasalla ás súas familias cun poema ilustrado xeralmente de escritores/as e artistas galegos/as. Son poemas traballados nos faladoiros. As temáticas soen estar conectadas con algunhas conmemoracións, acontecemento... especialmente este curso co proxecto de "Tiébélé"

É importante que os nenos e nenas sintan que a poesía é un recurso de moito valor, interiorizando que a literatura debe formar parte da vida e non só da escola.

Algúns exemplos de "poemas agasallos" que foron enviados este curso foron: "A natureza" de Manuel María relacionado co proxecto de innovación "Paisaxes habitadas, paisaxes transitadas" e ilustración de Díaz Pardo; "Loitar cantando" de Luz Fandiño; "Que pracidamente brilan" de Rosalía de Castro con ilustración de Abi Castillo, etc

 


 

   QUE PRACIAMENTE BRILAN!

 ¡Qué pracidamente brilan

o río, a fonte i o sol!

Cánto brilan..., mais non brilan

para min, non.


¡Cál medran herbas e arbustos,

cál brota na árbor a frol!

Mais non medran nin frorecen

para min, non.


¡Cál cantan os paxariños

enamoradas canciós!

Mais anque cantan, non cantan

para min, non.


¡Cál a Natureza hermosa

sorrí a maio que a mimóu!

Mais para min non sorrí,

para min, non.


Si..., para todos un pouco

de aire, de luz, de calor...

Mais si para todos hai,

para min, non.


¡E ben...!, xa que aquí n'atopo

aire, luz, terra nin sol,

¿para min n'habrá unha tomba?

Para min, non. 

(Rosalía de Castro)