Este trimestre empezou a funcionar o Clube de voluntariado "Amora". Os nenos e as nenas da Comunidade de medianos/as prepara con gran ilusión contacontos para a Comunidade de pequenos/as. Son momentos lectores cheos de mimo e de tenrura.
Escollemos o nome de "Amora" xa que é un froito silvestre que se asocia á infancia e natureza. Relacionase con momentos de complicidade entre nenos/as de distintas idades e adultos/as na súa recolleita. Saborease o tempo paseniño e relámense os bigotes. Conecta co Clube de lectura "Medio Pan" da Comunidade de Maiores, xa que a frase Italo Calvino falando da fantasía foi unha das fontes de inspiración cando a compara ca marmelada. Así pois, imaxinámonos estes contacontos coa duzura da marmelada das amoras de Rosalía de Castro.
"Amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós para sempre adiós!"
(Rosalía de Castro)