"Tiébélé: mulleres esdrúxulas" é un proxecto enmarcado no Plan Proxecta, Donas de sí. Este curso buscamos avanzar na visibilización dos referentes de mulleres en todos os ámbitos do coñecemento en xeral e en particular de mulleres negras: nos distintos proxectos, nos Puntos Heroínas de todos os ambientes...poñendo en valor todas as súas aportacións e apostando polo feminismo e diversidade.
A nosa fonte de inspiración foi Tiébélé, en Burkina Faso (África) onde as mulleres do poboado pintan as fachadas das súas casas.
Para o deseño do cartel do 8M utilizamos unha ilustración de Abi Castillo, artista galega. Elexida pola cor de pel da mulleres. Nela aperecen elementos xeométricos igual que as formas que fan as mulleres nas fachadas das casas en Tiébélés inspiradas na natureza.
O pensamento que aparece no cartel serviunos para traballar nos faladoiros: “A cultura non fai á xente. A xente fai a cultura. Se é verdade que non forma parte da nosa cultura o feito de que as mulleres sexan seres humanos de pleno dereito, entón, podemos e debemos cambiar a nosa cultura” (Chimamanda Ngozi Adichie. Escritora nixeriana feminista).
O 8 de Marzo recibimos distintas postais onde nos falaban das mulleres Tiébélé dentro do
proxecto de Arte Postal.
Na batea do patio (pérgola) está invitada toda a comunidade educativa a participar na instalación
"Tecendo igualdade", entrelazando lazos, teas...tecendo entre todos e todas unha obra pola igualdade
Unha das nosas grandes finalidades deste proxecto será mudar o nome de COR CARNE por COR NÁPOLES.
Pouco a pouco iremos contando as distintas intervencións que iremos facendo nesta liña de reflexión
sobre a diversidade das cores da pel.