venres, 10 de marzo de 2023

PUNTO HEROÍNAS DO AMBIENTE DE AQUELAR E DO AMBIENTE DE ATELIER (COMUNIDE DE PEQUENAS E PEQUENOS)

 Como comentamos cando falamos dos Puntos Heroínas dos ambientes das nosa escola, iremos pouco a pouco presentándoos.

 PUNTO HEROÍNAS DO AMBIENTE AQUELAR (Identidade da vida cotiá): Nel podemos atopar mulleres da nosa comunidade educativa (avoas, tias, nais, veciñas...) onde comparten distintas historias da vida cotiá: montando en bicicleta, levando lotes na cabeza...poñendo deste xeito en valor ás mulleres das nosas familias. As tres bolboretas que podemos observar son as irmáns Mirabal (asasinadas o 25 de Novembro pola súa loita a favor da liberdade, sinalando no almanaque a data do seu falecemento como día contra a violencia machista).

 

PUNTO HEROÍNAS DO ATELIER (Identidade artística): Presidido polas "mulleres do pincel".  Mulleres que pasaban todo o día varrendo e un día decidiron cambiar a vasoira polos pinceis.Neste Punto Heroínas periodicamente vanse expoñendo monográficos de distintas artistas mulleres, con libros, imaxes...