luns, 6 de marzo de 2023

AS NOSAS CAIXAS DE CORREOS CHEAS DE ARTE POSTAL, ARTE EN MOVEMENTO.

 Pouco a pouco, ás nosas caixas de correos van chegando postais, cartas, paquetiños...de Arte Postal. Os/as remitentes son artistas, persoas sensibles coa Arte, escolas, institutos, universidades...Estas postais son lidas  nos faladoiros e despois algunhas van para a biblioteca, onde estamos montando unha exposición. Outras van para distintas localizacións da escola, como poden ser as postais que nos enviou o alumnado da Universidade de A Coruña ( Facultade de Educación) cas que estamos facendo poesia visual de conservas para o ambiente de Cociña.