Iniciamos as recomendacións lectoras trimestrais para as familias. Trátase de lecturas que buscan mimar os nosos tempos de ocio. A lectura por placer, por sentir as coreografias das palabras. Ler por ler,sen máis.
Nesta ocasión escollemos esta obra da escritora galega Antía Yáñez "Non penses nun elefante rosa". Semella ser unha novela de humor, sen embargo, ao longo das súas páxinas o tema da saúde mental trátase con profundidade, fiándoa con distintas situacións da vida cotiá dunha muller: traballo, familia, veciños/as, amigos/as,sexo,...Abrir este libro, é visibilizar enfermidades das que ninguén quere falar, é petar na sensibilidade e na empatía con que se sinte invisible e invisiblizado/a.