luns, 5 de xuño de 2023

XOGANDO COAS AVOAS DE AGADEA: PALABRAS, IMAXES E EXPERIMENTOS.

 O venres, ademais de facer unha obra de teatro para as avoas de AGADEA, estivemos xogando con elas a adiviñar palabras e fixemos experimentos con tintas de cores en Pachamama (Identidade científica). Entregámoslle un agasallo  para que xoguen cos seus compañeiros e compañeiras de AGADEA. Trátase dun xogo de memoria para asociar palabras e imaxes feito por nós con todo o agarimo do mundo.