luns, 20 de febreiro de 2023

ARTE POSTAL. MULLERES E SAÚDE MENTAL.AGACHADAS.

 Chegounos unha serie de postais que son unha peza artística no seu conxunto. Son varias que forman a palabra AGACHADAS, nelas faise referencia ás mulleres con algunha enfermidade mental que fai que sintan a vida dun xeito distinto. Cuestión recollida na intervención que se fai sobre as propias paisaxes da postais. Nestas postais pode lerse como se sinten agachadas e moitas veces son elas as que se agochan. Sen lugar a dúbidas, uns ecos de sentimentos cheos de reflexións e sensibilidade.