xoves, 23 de febreiro de 2023

A BIBLIOTECA COMO A CASA DAS ESCRITORAS E ESCRITORES. 23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

 O día de Rosalía de Castro é unha celebración moi especial para nós por ser unha escritora galega, por defender a nosa lingua, por ser muller e por ser feminista. A súa poesía é unha fonte infinita de inspiración. Este curso fixéronse distintas actividades: carteis en colaboración coas familias da Comunidade de Medianos/as, recepción de Arte Postal onde os versos ilustraron os sobres, poemas musicados no ambiente de Sereas (identidade de música e danza) paquete postal-agasallo e postais do deseñador gráfico Breogán Alamancos, recital no Parque de San Roque da Comunidade de Maiores...


 

No patio, en colaboración con Manolo da Asociación cultural e agroecolóxica "Sachos á rúa" estamos acondicionando as hortas con distintas plantacións. Este espazo chamámolo HORTIÑAS DE ROSALÍA, pola vinculación da súa poesía á terra e á paisaxe galega. Esta cuestión relacionase co proxecto de innovación anual.


 


  Miña terra, miña terra,
terra donde m’eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.(Rosalía de Castro)