xoves, 23 de febreiro de 2023

ILUSTRADORAS GALEGAS. LARA LARS. ROSALÍAS E ARQUITECTURAS.

Lara Lars é unha ilustradora galega que traballa coa técnica do collage. Dende o noso blogue queremos visibilizar e poñer en valor a ilustración en xeral, xénero artístico moitas veces esquecido. En especial queremos subliñar a obra de ilustradoras galegas, ofrecendo deste xeito referentes de mulleres neste ámbito.

No ambiente de Tesselas (Identidade Artística da Comunidade de Maiores) homenaxeando a Rosalía de Castro, e  no ambiente de Construcións (Ambiente de lóxica-matemática na Comunidade de Pequenos/as) podemos coñecer a obra de LARA LARS. Nas súas ilustracións, o feminismo é  unha constante.

PRESENTACIÓN DE ROSALÍAS.

PRESENTACIÓN DE ARQUITECTURAS.



 A obra de Lara Lars inspirounos para facer estas creacións na Comunidade de Medianos/as.