"A cor é un poder da natureza". Da man da obra "Amor de inverno" e da enerxía da artista Beatriz Milhazes celebramos este curso unha das datas máis fermosas do almanaque: A Candeloria. O día do amor en Galicia.
Relacionado co proxecto de Donas de sí (Plan Proxecta) “Tiébélés: mulleres esdrúxulas”, este ano adicamos o 2 de febreiro, ao amor e a diversidade en termos xerais e en concreto á paleta de cores das nosas peles.
A canción deste mes do timbre musical foi Canción "Miña rula". Unha canción da vida real e con problemas da vida cotiá...na que aparecen as dunas de Corrubedo. Escollémola polo nome do paxaro e pola forma agarimosa de chamar as persoas que queremos.
No patio da escola houbo casamentos de paxariños. No ambiente de Sereas gozamos de música con sons de paxaros, unha escolma de libros de aves e ilustracións de De Lucas Lema de diversas especies.
Podemos atopar no Punto Heroínas do ambiente de Atelier (Identidade artística. Comunidade de pequenos/as) un monográfico de Beatriz Milhazes.
No ambiente de Natureza (Identidade científica. Comunidade de pequenos/as)fixemos debuxos de diversas especies de paxaros dos casamentos.