Guy Bleus, Ray Johson, Jean Dubffet, Frank Duch...son algúns dos referentes cos que nos atopamos na investigación para documentarnos sobre ARTE POSTAL.
Fixemos esta presentación con distintos exemplos desta corrente artística, que tamén será fonte de inspiración para a nosa creación. PRESENTACIÓN DE ARTE POSTAL
INVITACIÓN PARA ENVIAR POSTAIS, CARTAS...DE ARTE POSTAL Á NOSA ESCOLA:
IINVITACIÓN PARA ESCOLAS, ARTISTAS, PERSOAS SENSIBLES COA ARTE,... QUE SINTAN QUE A ARTE PODE TRANSFORMAR O MUNDO:
No Ceip Heroínas de Sálvora estamos facendo un proxecto de “ ARTE POSTAL, ARTE EN MOVEMENTO”. Faríanos moita ilusión recibir correspondencia (postal, carta…) onde a pegada da ARTE POSTAL estea presente. Pode ser temática libre, reivindicativa (feminismo, ecoloxismo, saúde…)Pregamos que se se inclúe algún texto sexa escrito EN GALEGO. A correspondencia recibida será lida e comentada nos faladoiros diarios, faremos unha exposición na escola,a correspondencia será atesourada nun catálogo de coleccionistas,haberá un punto exclusivo na biblioteca de ARTE POSTAl…Como sabedes, a ARTE POSTAL ten a seu potencial en todas as mans polas que vai pasando (persoal das oficinas de correos, carteiros/as, conserxes…) polo tanto non só o destinatario/a final gozará destas pezas artísticas e se nutrirá da mensaxes que se inclúan, senón que hai toda unha cadea humana que participa desta experiencia. Esta é a finalidade desta corrente artística e non a de establecer unha comunicación bidireccional. Dende a nosa escola non enviaremos resposta , senón que tamén enviaremos postais a distintas asociacións, etc, para intentar que haxa o maior número posible de postais en movemento cara distintas direccións do mundo. Se se envían as postais en sobres, é importante que os sobres non veñan en branco, senón que veñan con mensaxes reinvidicativas, traballados artísticamente…Enviamos unha presentación por se é fonte de inspiración.
Tamén podedes invitar a participar neste proxecto a outras escolas que coñezades e que consideren que a arte pode transformar e mover o mundo! Moitas grazas pola colaboración!
CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA.
R/FALCOEIRO Nº10. AGUIÑO. RIBEIRA. 15965. A CORUÑA.