luns, 6 de febreiro de 2023

SÓ SE VE BEN CO CORAZÓN, O ESENCIAL É INVISIBLE PARA OS OLLOS.

Iso dicía o Principiño! Se queredes descubrir ou redescubrir esta coñecida obra literaria só tedes que entrar na biblioteca e xusto ao lado da porta atoparedes unha fermosa colección relacionada con esta obra. É un libro onde a personaxe está constantemente en contacto con distintos elementos da natureza, polo tanto un exemplo de fusión de literatura e natureza.