Amosando publicacións coa etiqueta REFERENTES. ILUSTRACIÓN. ARTE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta REFERENTES. ILUSTRACIÓN. ARTE. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de abril de 2023

REFERENTES DE ARTISTAS QUE TRABALLAN A PEL DE DISTINTAS CORES: MUDANDO A COR CARNE PARA A COR NÁPOLES.

 Seguimos reflexionando sobre a diversidade da cor da pel. En esta ocasión facémolo a través da obra de distintos/as artistas.

(Obra de Tarsila do Amaral).

Algúns/as dos/as artista que estamos traballando son:

-ALEXEI VON JAWLENSKY.

-LUIS SEOANE.

-LUIS VEIRA.

-TARSILA DO AMARAL.

- ARTISTAS MULLERES GALEGAS COMO MARUJA MALLO E ABI CASTILLO.


xoves, 23 de febreiro de 2023

ILUSTRADORAS GALEGAS. LARA LARS. ROSALÍAS E ARQUITECTURAS.

Lara Lars é unha ilustradora galega que traballa coa técnica do collage. Dende o noso blogue queremos visibilizar e poñer en valor a ilustración en xeral, xénero artístico moitas veces esquecido. En especial queremos subliñar a obra de ilustradoras galegas, ofrecendo deste xeito referentes de mulleres neste ámbito.

No ambiente de Tesselas (Identidade Artística da Comunidade de Maiores) homenaxeando a Rosalía de Castro, e  no ambiente de Construcións (Ambiente de lóxica-matemática na Comunidade de Pequenos/as) podemos coñecer a obra de LARA LARS. Nas súas ilustracións, o feminismo é  unha constante.

PRESENTACIÓN DE ROSALÍAS.

PRESENTACIÓN DE ARQUITECTURAS.



 A obra de Lara Lars inspirounos para facer estas creacións na Comunidade de Medianos/as.