martes, 28 de febreiro de 2023

KVÊTA PACOVSKÁ: CREANDO UNIVERSOS.

 Este mes de Febreiro faleceu a gran ilustradora e escritora Květa Pacovská. Os seus libros son verdadeiros museos camiñantes cheos de enerxía cunha linguaxe propia que nos invita a viaxar ata o infinito. É unha verdadeira creadora de universos.O autocolante do noso club de lectura "Medio Pan" leva unha obra súa. Grazas por todo, e por tanto,Květa Pacovská! En Aguiño  tes un club de fans1