Amosando publicacións coa etiqueta TEATRO.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TEATRO.. Amosar todas as publicacións

venres, 2 de xuño de 2023

" A QUE SABE A LÚA?" REPRESENTACIÓN TEATRAL DE MONICREQUES PARA AS AVOAS DE AGADEA.

 Hoxe o Café-Teatro vestiuse de gala para recibir  ás avoas e traballadores/as de AGADEA. A Comunidade de Medianos/as representou o conto "A que sabe a lúa?" con monicreques elaborados por eles/as. A obra foi preparada co profe Gonza nos seus obradoiros de teatro.

Foi un día moi especial cheo de emocións interxeracionais, onde a sabiduría da experiencia da vida do noso público de luxo, misturóuse coa literatura convertida nun guión teatral . Moitas grazas por vir á nosa escola! Grazas ao persoal profesional de AGADEA por facilitarnos estas experiencias tan enriquecedoras para educar na sensibilidade  conxuntamente!





 
 
 
 

 

Este poema queremos adicarllo a todos os avós e avoas que cortaron as silverias dos camiños para que nos poidamos aprender a andar sen mancarnos:


Mira os avós.
Antes eran máis grandes,
máis altos,
máis anchos...
pero devecen coma as follas sen zume.

Aseguran que o tempo é o único culpable,
un furtivo que chega cos dentes afiados
a cravárselles no rostro
mentres dormen
mentres botan farangullas ás pombas dos xardíns
ou xogan coma nenos.

A miúdo falan de vidas que pasaron
e argallan historias,
ao quentaren as mans
sobre a seda dos lumes.

Os avós envellecen devagar,
pero ninguén pode arrincarlles o sorriso,
porque gardan
o segredo do futuro,
máis alá dos seus ollos pequenos.
 
(Ana MªFernández)





venres, 12 de maio de 2023

PUNTO HEROÍNAS DO CAFÉ-TEATRO.

 


 

Seguimos presentando os Puntos Heroínas dos distintos ambientes da escola. Hoxe estamos no Punto Heroínas do Café Teatro ( Identidade de Artes escénicas). Nel podemos atopar a actrices galegas coma: Susana Sampedro, Cristina Collazo, María Castro,...Estrelas da pantalla, estrelas dos escenarios, ...as nosas estrelas galegas, tendo o orgullo que nesta alfombra vermella Susana Sampedro é de Ribeira.







venres, 14 de abril de 2023

OBRADOIRO DE TEATRO: MONICREQUES "A QUE SABE A LÚA?"

 Esta semana continuamos cos obradoiros de teatro co mestre Gonzalo. O Café-Teatro (Identidade de Artes escénicas) encheuse de  monicreques de pau do conto "A que sabe a lúa?" . Seguimos desfrutando dos saberes e coñeceres de Gonza.






luns, 27 de marzo de 2023

27 DE MARZO. DÍA DO TEATRO. OBRADOIRO CO MESTRE GONZALO.

  Que mellor xeito para celebrar o Día do Teatro que co noso querido mestre Gonzalo De Lucas! Esta semana fixemos distintos obradoiros de teatro con el. Seleccionamos varios contos para dramatizar a través da elaboración de diversos monicreques de pau. Traballamos no Café-Teatro, nos ambientes de identidade artística e na Biblioteca. Despois das vacacións de Semana Santa seguiremos con máis obradoiros interpretando as obras que estamos preparando. Algún dos títulos escollidos foron: "A mellor sopa do mundo"."Onde viven os monstros". "A que sabe a lúa?"

Moitas grazas por todo Gonza! Por facernos desfrutar no escenario compartindo recursos para  expresarnos  a través de distintas linguaxes. Por transmitirnos o entusiasmo a través de personaxes  e inventando novos universos cheos de enerxía positiva entre os telóns!