Este curso puxemos en marcha o proxecto de “Arte postal, arte en movemento”.Para a súa difusión utilizamos esta ilustración de Isaac Díaz Pardo. Ilustración que podemos atopar en “Memorias dun neno labrego” de Neiras Vilas. Consideramos que é fundamental coñecer á figura de Isaac Díaz Pardo e todo o legado que nos deixou a nivel cultural e de identidade.
O texto que se inclúe é de Xela Arias, onde fala de paxaros que voan ao lonxe, ese é tamén o noso desexo con este proxecto, que voen moi lonxe as nosas postais cheas de reivindicacións, de mensaxes conectadas cos sentimentos, con temas sociais…textos en GALEGO, que vaian deixando unha estela da nosa lingua polas mans que pasen (persoas que traballan en correos, carteiros/as, conserxes que recollen a correspondencia, destinatarios/as…
Aproveitamos o Día da ilustración para falar da importancia desta como manifestación artística.
“Debuxar debería ser unha forma de expresión tan válida como escribir” (Clara Cerviño-ilustradora). Este ano adiciouselle o Día da Ilustración a María Antonia Dans.
No 1º trimestre a comunidade de Medianos/as visitou as instalacións da oficina de correos de Ribeira para coñecer o seu funcionamento. Moitas grazas Jose María polo teu recebemento e atención!