sábado, 14 de xaneiro de 2023

COMADRE: PALABRA DO ANO 2022.

Finalmente, a palabra máis votada no Portal das Palabras foi "comadre". O Dicionario da Real Academia Galega define esta palabra como a madriña ou nai dunha persoa con relación ao padriño, á madriña ou aos pais destas persoa. Pero na fala popular "comadre" tamén é esa veciña ou amiga na que se ten especial confianza. Vivan as comadres!