Na comunidade de Medianos/as cada semana escollen un conto para sumerxirse nas súas páxinas. A temática pode estar relacionada coa identidade do ambiente, algún tema que desexan tratar nos faladoiros, como resposta a un determinado interese. Despois da lectura colectiva fan actividades de distinta natureza: ilustrar partes do conto, dramatizacións, etc .É o conto da semana, é o conto das bibliotecas persoais da vida que se van enchendo pouquiño a pouco!