luns, 12 de xuño de 2023

ARTE POSTAL E TOMA DE DECISIÓNS.

 Unha das cuestións máis difíciles na vida é tomar decisións. Neste proxecto de "Arte Postal, Arte en movemento", a toma de decisións foi unha constante: a qué colectivo con compromisos sociais escribimos? ( protectora de animais?, asociación cultural?, centros de persoas con drogodependencia?, coidado de maiores?, asociación ecoloxista?, asociación feminista?, etc) como deseñamos a nosa peza artística para ser enviada e que vaia deixando un ronsel antes de chegar ós/ás destinatarios/as?, que material utilizamos?, utilizamos sobre? non utilizamos sobre? etc, e non só é tomar decisións a nivel individual, senón que temos que buscar puntos de encontro nos equipos de traballo: cando nos documentamos, cando debatimos, cando DECIDIMOS!