xoves, 8 de xuño de 2023

SEMENTAR SEMENTAREI: PATACAS NOVAS... HORTIÑAS DE ROSALÍA DE CASTRO.

 As  hortiñas de Rosalía van dan os seus ricos froitos. Non nos cansaremos de darlle as grazas a Manolo (Sachos á  Rúa) que colaborou durante todo o curso con nós, acompañándonos en todas as tarefas relacionadas coas hortas:montaxe, preparación, plantación, coidados...Grazas pola túa paixón ecolóxica que fuche quen de contaxiarnos! Grazas de corazón  Manolo!

   "Patacas asadas

con sal e vinagre,

que saben a noces,

¡que ricas que saben!"
 
(Rosalía de Castro)