O almanaque hoxe marcaba o inicio do verán e a celebración da FOLIADA de fin de curso na nosa escola. A ritmo de pandeiretas, cunchas...instrumentos dos que acariñan o corpo e alentan a alma, despedimos este ano cheo de páxinas de vida escritas con tinta de infancia e ollares soñadores. O noso inmenso agradecemento a todas as persoas que acompañaron ós nenos e ás nenas no seu día a día, no seu medrar e no seu sentir. O noso agradecemento a toda a COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA por construír unha escola habitada en Aguiño.