venres, 2 de decembro de 2022

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.

"Mereces un amor que te queira despeitada" son os versos que escollemos para acompañar o autocolante deste día 25 de novembro. A violencia machista existe e destroza vidas. Por iso, "o teu desexo é o meu desexo". Desexamos un mundo no que as nenas e as mulleres estean libres de todas as violencias que sofren polo feito de ser mulleres porque iso converte ao noso mundo nun mundo máis xusto, máis igualitario e polo tanto nun mundo mellor. A ilustración é de Abi Castillo.


Nas entradas das escolas montamos rotondas artísticas (Arte 360º) de mulleres despeiteadas: "Café o poesía", intervención inspirada no poema de Frida Khalo/Estefanía Mitre.



Mereces un amor que te queira despeiteada.

 Mereces un amor que te queira despeiteada,

incluso coas razóns que te levantan depresa

e con todo e os demos que non te deixan durmir.

Mereces un amor que te faga sentir segura,

que poida comer o mundo se camiña da túa man,

que sinta que as túas apertas van perfectas coa túa pel.

Mereces un amor que queira bailar contigo,

que visite o paraíso cada vez que ve os teus ollos

e que non se aburra nunca de ler as túas expresións.

Mereces un amor que te escoite cando cantas,

que te apoie nos teus ridículos,

que respecte que es libre,

que te acompañe no teu voo,

que non lle asuste caer.

Mereces un amor que leve as mentiras,

que che traia a ilusión,

o café

e a poesía.

 

-         Frida Khalo/Estefanía Mitre-