luns, 19 de decembro de 2022

AGUIÑO DO FUTURO DENDE O NOSO PRESENTE TRANSFORMADOR. ESCRITOS PARA SER LIDOS E ESCOITADOS.

"Aguiño do futuro" é un proxecto da Comunidade de Medianos/as onde investigaron sobre posibles melloras para a nosa parroquia a través de distintos roteiros de observación, conversas...Deseñaron unha maqueta de Aguiño do futuro pensando no Medio Ambiente, na accesibilidade, na infancia... e preparon un argumentario para expoñer no Concello con distintas propostas que lles gustaría que se realizaran. Este argumentario é un traballo de aportacións colectivas.É un exemplo  de escrito para ser lido e escoitado, traducido en motivación e significatividade.

Recibiunos Manuel Ruíz, o noso Alcalde, e Nucha Brión ,Concelleira de Educación. Moitas grazas Manuel e Nucha por esta experiencia!