mércores, 21 de decembro de 2022

A BIBLIOTECA COMO ESPAZO COEDUCATIVO: OBRADOIRO DE IGUALDADE.

OBRADOIRO "APRENDER IGUALDADE CREANDO". 

Ao longo do mes de decembro a comunidade de maiores participou neste obradoiro proposto polo Centro de Información ás Mulleres de Ribeira. A prevención das violencias machistas foi o tema central, que o alumnado traballou a partir de distintas dramatizacións grupais. 

A nosa escola recoñécese como unha escola feminista e queremos aprender, reaprender e observar o mundo que nos rodea con ese filtro violeta, tan necesario e xusto.