Queremos compartit o cartel do Plan Proxecta "Donas de si", que no noso centro titulamos:
"TesELAS: mosaicos incompletos".
Mosaicos da historia da humanidade onde nos roubaron as teselas do noso existir.
No cartel recóllense uns versos da poetisa portuguesa Florbela Espanca, escritora precursora de movementos feministas, sobre unha obra de Paul Klee. Os versos falan de "ecos" ecos de voces femininas que non lle chegan ao noso alumnado a través dos libros,... ecos silenciados, ecos de teselas de mosaicos incompletos.
Agardamos que sexa do voso agrado.