martes, 12 de xuño de 2018

DANZATERAPIA

Aos nenos/as de 6º de primaria, gustounos moito o Obradoiro de Danzaterapia deste curso. Estamos encantados coas actividades realizadas e tamén moi contentos coa nova profesora, Mercedes. Grazas a ela e ás súas actividades agora coñecemos mellor o noso corpo e os nosos gustos, perdemos a vergoña a bailar en público, aprendemos cultura doutras partes do mundo e gustaríanos que os nenos e nenas dos seguintes sextos disfruten deste obradoiro tanto coma nós. 

Esperamos que o disfrutedes!!!
Un saúdo musical!!!
Alumnos/as de 6º de Primaria.