A comunidade educativa está de noraboa. Recibimos a boa nova de que o noso proxecto de innovación en dinamización lingüística: “ O Barrio. Ambiente de aprendizaxe da vida cotiá: Proxecto sen data de caducidade”, foi premiado por Consellería.
Sen lugar a dúbida é un proxecto froito da implicación e entusiamo do alumando, profesorado, personal non docente, acompañantes, alumnado de maxisterio en prácticas, familias, comercio local, empresas…
Parabéns a todos e todas! Moitísimas grazas por construir conxuntamente este Barrio no que tanto gozou todo o alumando durante todo o curso e no que seguirá gozando xa que polo seu éxito terá proxección plurianual.
En breve, celebraremos un Consello Escolar de nenos e nenas onde recolleremos as súas valoracións sobre o Barrio e as súas propostas de mellora cara o vindeiro curso.