Como ben sabedes, levamos varios cursos celebrando o día do libro co:
AMADRIÑAMENTO E APADRIÑAMENTO LECTOR.
Os nenos e nenas de 2º a 6º de educación primaria encárganse de ler aos mais pequenos un conto que poden coller da biblioteca ou traer das súas casas e lerllo nun lugar do centro que desexen durante o tempo do recreo. A verdade que esta é unha actividade que lle gusta moito tanto a grandes coma a pequenos.
Aínda que a actividade a imos a desenvolver o venres 4 de maio, ao longo da semana os nenos e nenas iranse organizando do seguinte xeito:
O luns 30 de abril cada madriña e cada padriño anotará na
axenda o nome de cadansúa afillada/o e farase fincapé na
importancia das habilidades sociais implicadas á hora de relacionarse coas
nenas e nenos máis pequenos.
O mércores 2 de maio : as
madriñas e padriños de 4º, 5º e 6º irán aos faladoiros de educación infantil e de primeiro a buscares ao seu/súa afillado/a e explicarlles a actividade. As madriñas e padriños saudarán,
presentaranse ao seu afillado/a, preguntándolle polo contido dos libros
que máis lles gusta –entre outras cuestións que podan xurdir-. A continuación,
convidarán ao seus afillado/a a que o/a
acompañe á biblioteca para escoller xuntos/as o libro.
O xoves 3 de maio, será a quenda do alumnado de 2º e 3º, que fará o mesmo que fixeron os seus compañeiros o día anterior.
O venres 4 de maio, as madriñas e padriños baixarán ás 11,15 a
buscar súas afilladas/os, levando o
libriño seleccionado previamente, e buscando e elixindo entre os/as dous un
lugar para lelo con tranquilidade.