xoves, 24 de novembro de 2016

25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


O 25 de novembro, é o día de sensibilización e denuncia sobre a violencia contra as mulleres no mundo, polo que os nenos e nenas levarán este autocolante para reflexionar coas súas familias sobre o silencio e o proxecto cremalleiras no que está implicado toda a comunidade educativa.
(En breve darémosvos conta do proxecto).

Tamén queremos compartir o seguinte vídeo para reflexionar, agardamos que sexa do voso agrado.


"Principiñas e Princesiños", é un vídeo que trata de recopilar as mensaxes de alumnos e alumnas de 4º de Primaria de colexios públicos de Pontevedra, participantes no programa nAmorAndo, financiado polo concello de Pontevedra (facebook.com/cim.pontevedra). Nel traballáronse a identificación e expresión das emocións básicas como forma natural de expresión en ambos sexos, a ruptura de estereotipos sexistas e a reflexión sobre tópicos do amor romántico.