27 de Novembro - 1 de Decembro.
luns, 27 de novembro de 2017
venres, 24 de novembro de 2017
HORARIO DE APERTURA DA BIBLIOTECA
A biblioteca permanecerá aberta prestando os seus servizos de empréstito e devolución, lectura en sala, busca de información, uso dos ordenadores no seguinte horario:
Para o alumnado:
Para o alumnado:
- De luns a venres no tempo de recreo.
- Os luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.
Para os adultos:
- Os luns e mércores de 9 a 10 horas.
- Os luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.
27 DE OUTUBRO: CLUBE DE LECTURA FAMILIAS
.jpg)
O vindeiro luns 27 de novembro de 9 a 10 horas terá lugar a primeira xuntanza do clube de lectura para adultos que se vai a desenvolver por primeira vez no centro. As xuntanzas serán quincenais e nesta primeira adicarémola para organizarno e escoller o libro que imos a comezar lendo.
Agardamos que esta actividade sexa do voso agrado e que lle saquedes moito proveito.
MÁIS RECURSOS 25 DE NOVEMBRO
Dende o equipo de biblioteca decidimos sintetizar o Día Internacional da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, así como o Día Internacional Contra a Violencia ás Mulleres, para o que propoñemos investigar ao noso alumnado ao redor dos recursos tecnolóxicos creados para o control dos maltratadores -control telemático do agresor-, así como reflexionar sobre o uso e o enfoque co que se están aplicar estes avances tecnolóxicos: quen os creou? como funcionan? baixo que criterios e enfoque se utilizan...?
Neste sentido, a seguinte noticia é moi reveladora:
Asemade, as matemáticas e a ciencia están estreitamente relacionadas. Achegamos outra noticia que inclúe unhas gráficas moi significativas cuxa análise e interpretación pode suscitar interesantes reflexións.
Outra proposta sería reflexionar sobre o uso das redes sociais e particularmente dos móbiles, para o control das súas parellas por parte de agresores adolescentes, entre outras situacións, reflexionando sobre o uso das novas tecnoloxías e das redes sociais.
No timbre musical esta é a canción escollida para esta quincena:
Podemos aproveitar e escribirlle unha carta ás rapazas do IES de Teo, recoñecendo a necesidade e importancia de letras e verbas con este tipo de mensaxes.
En TICS Aguiño, no apartado de Cidadanía, Valores Sociais e Cívicos, tedes unha importante escolma de recursos no subapartado de Coeducación, Xénero e Violencia de Xénero.
Achegamos un enlace de CEDEC Educalab do Ministerio de Educación, con 12 vídeos para traballar a violencia de xénero na aula.
Curta O Túnel, realizada polo IES Moncho Valcarce:
Conto "Arturo e Clementina", que malia que semella un libro dirixido á comunidade dos/as pequenos/as e medianos/as, non ten idade.
25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Con motivo desta conmemoración no centro repartimos un autolocante cunha imaxe de Margaret Keane titulada LÚA AZUL, nos engadímoslle "reMATAR" xogando coa palabra en positivo como a necesidade de "rematar" con esta lacra, e por outra banda, xógase coa idea de "re-matar" enfatizando a acción de "repetir" esta morte cada vez que hai unha situación de maltrato, é dicir, unha muller que é maltratada morre repetidas veces.

Para reflexionar sobre esta data, xa que subiron a 11 o número de mulleres asasinadas así coma de nenos, elaborouse unha presentación de Margaret Keane, que nos servirá para traballar ao longo de todo o curso.
Porque se preparou a presentación da obra de Margaret Keane?
Porque é unha muller anulada como cidadá, como muller, como artista...polo seu marido que lle roubaba a autoría das obras e a dignidade como muller. Máis alá da estética da obra que pode resultar "edulcorada" está a historia de vida que late detrás e que pode ser de interese para traballar. O protagonismo dos nenos/as na súa obra, pode abrir unha porta de reflexión e sensibilización para falar deste tema nas aulas.
A presentación ten varias partes: unha obra dividida que pode ser obxecto de descrición, de sensacións..., oito obras onde aparecen escenas de nenos/as; oito obras onde os nenos/as parecen están observando unha situación e finalmente oito obras onde aparecen chorando. Estas obras de nenos/as poden servir para falar que sobre a violencia machista onde a padecen as mulleres, os fillos/as, os familiares...e sen lugar a dúbidas é un problema de toda a sociedade, e pola tanto da escola.
Dicir tamén que como hai un neno máis asasinado saliéntase o número 8 en toda a presentación.
Estase montando unha instalación no corredor, no que se exporá a obra de Margaret Keane. Cando este rematada compartiremos imaxes da mesma.
O cartel tamén inclúe un poema de A.García Teijeiro, posto que é un xeito de sumarnos ás voces contra o maltrato, aínda que non suframos esta lacra en primeira persoa, é un problema de todos e todas. Os datos son tremendamente escalofriantes.
A PRIMEIRA
PERSOA
DO SINGULAR
DEIXOU
DE CONXUGAR
O VERBO SENTIR
PARA UNIRSE
ÁS VOSAS
E CREAR O PLURAL
DUNHA CONXUGACIÓN
FERMOSA:
“NOS SENTÍMONOS”.
(A.García Teijeiro)
luns, 20 de novembro de 2017
mércores, 15 de novembro de 2017
PLAN PROXECTA: "DONAS DE SI"
Este curso tamén participaremos no plan proxecta co proxecto de centro que leva por título:
"TesELAS: mosaicos incompletos"
con este título quérese recoller a idea do mosaico da historia do pensamento e
da memoria colectiva, visibilizar como está incompleto sen as teselas
con nome de mulleres nas artes, nas ciencias, na literatura, ... polo que está relacionado e inclúe ao proxecto Lúas: ciencia comprometida, ciencia transformadora. Así como terá en conta a perspectiva de xénero, igualdade de oportunidades, referentes en todos os ámbitos, intervencións sobre a violencia machista,...
luns, 13 de novembro de 2017
domingo, 12 de novembro de 2017
POETIZAR A ESCOLA, POETIZAR A VIDA.
“Poesía é a unión de dúas palabras que un xamais suposo que puideran xuntarse, e que forma algo así como un misterio.”
García Lorca
Este curso a nivel de centro propúxose unha nova dinámica: Poetizar a escola, poetizar a vida. Que consiste en empezar cada día o faladoiro coa lectura dun poema.
Os poemas seleccionados poden ser de temas variados, poden ser lidos polo profesorado, polo alumnado, poden traelos da casa,... e dado que os poemas son obxectos artísticos en sí mesmos que nos producen sensacións, sentimentos, desenvolven a nosa sensibilidade, ... non será preciso estudialos e analizalos, aínda que si se considera preciso poderase profundizar nos que creamos que debemos facelo.
Aínda que na biblioteca contamos con algúns fondos de poesía e unha recompilación de poemas sobre o mar (feita por unha compañeira do centro) que pode servir para presentar os mares da lúa.
Na rede tamén atopamos algúns recursos que consideramos que son interesantes:
Blog feito no centro, en infantil, onde podedes atopar algúns
poemas sobre a lúa e o mar (para falar dos mares da lúa).
Páxina de poesía musicada
LÚAS: RECURSOS
Seguimos compartindo recursos relacionados co proxecto anual deste curso, nesta ocasión trátase dun enlace a unha wiki feita fai un tempo polo profesorado de educación infantil, nela atoparedes obras onde aparece a lúa, é unha presentación monográfica sobre o firmamento na obra de Miró.
COLECCIÓN DE OBRAS DE ARTE ONDE APARECE A LÚA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





