Con motivo desta conmemoración no centro repartimos un autolocante cunha imaxe de Margaret Keane titulada LÚA AZUL, nos engadímoslle "reMATAR" xogando coa palabra en positivo como a necesidade de "rematar" con esta lacra, e por outra banda, xógase coa idea de "re-matar" enfatizando a acción de "repetir" esta morte cada vez que hai unha situación de maltrato, é dicir, unha muller que é maltratada morre repetidas veces.
Para reflexionar sobre esta data, xa que subiron a 11 o número de mulleres asasinadas así coma de nenos, elaborouse unha presentación de Margaret Keane, que nos servirá para traballar ao longo de todo o curso.
Porque se preparou a presentación da obra de Margaret Keane?
Porque é unha muller anulada como cidadá, como muller, como artista...polo seu marido que lle roubaba a autoría das obras e a dignidade como muller. Máis alá da estética da obra que pode resultar "edulcorada" está a historia de vida que late detrás e que pode ser de interese para traballar. O protagonismo dos nenos/as na súa obra, pode abrir unha porta de reflexión e sensibilización para falar deste tema nas aulas.
A presentación ten varias partes: unha obra dividida que pode ser obxecto de descrición, de sensacións..., oito obras onde aparecen escenas de nenos/as; oito obras onde os nenos/as parecen están observando unha situación e finalmente oito obras onde aparecen chorando. Estas obras de nenos/as poden servir para falar que sobre a violencia machista onde a padecen as mulleres, os fillos/as, os familiares...e sen lugar a dúbidas é un problema de toda a sociedade, e pola tanto da escola.
Dicir tamén que como hai un neno máis asasinado saliéntase o número 8 en toda a presentación.
Estase montando unha instalación no corredor, no que se exporá a obra de Margaret Keane. Cando este rematada compartiremos imaxes da mesma.
O cartel tamén inclúe un poema de A.García Teijeiro, posto que é un xeito de sumarnos ás voces contra o maltrato, aínda que non suframos esta lacra en primeira persoa, é un problema de todos e todas. Os datos son tremendamente escalofriantes.
A PRIMEIRA
PERSOA
DO SINGULAR
DEIXOU
DE CONXUGAR
O VERBO SENTIR
PARA UNIRSE
ÁS VOSAS
E CREAR O PLURAL
DUNHA CONXUGACIÓN
FERMOSA:
“NOS SENTÍMONOS”.
(A.García Teijeiro)