sábado, 9 de novembro de 2013

O CLUBE DE LECTURA ESTÁ EN MARCHA!!!

Xa está en marcha o primeiro clube de lectura para este curso, o libro escollido foi:

CHAMÁDEME SIMBAD
Ilustracións de Manuel Cráneo
Editorial Galaxia



Seguro que todos os lectores están gozando con esta lectura.

Sinopse:
Conta Paulo, un rapaz de dez anos, que o seu pai chega do traballo e segue pendente do móbil; o avó padece alzhéimer e non recoñece ás veces nin ao seu fillo e a nai di que a van volver tola entre todos. O avó é, sen embargo, o seu amigo, co que xoga na casa a que el é o Capitán dos Sete Mares e o neto, Simbad. 
Pero todo cambia un domingo que despertan e o avó non está na casa. Por máis que o buscan, pasado un mes a policía renuncia a encontralo. 
Entón empeza a súa gran aventurar, un día no que o carteiro lle trae unha carata do Capitán dos Sete Mares dirixida a Simbad....

xoves, 7 de novembro de 2013

PARABÉNS MIGUEL ANXO PRADO

Miguel Anxo Prado acaba de ser galardoado co Premio Nacional do Cómic que concede o Ministerio de Cultura. O xurado recoñece especificamente o labor do debuxante coruñés na súa última obra, ARDALÉN.
Pero Miguel Anxo Prado ten unha obra enorme; é un dos autores e ilustradores máis recoñecidos no mundo do cómic. Deuse a coñecer coa obra TRAZO DE TIZA e as historietas humorísticas QUOTIDIANIA DELIRANTE. Traballou en El Jueves, e é o creador do Xabarín. Meteuse con éxito no cine de animación con DE PROFUNDIS, e dirixe o salón Viñetas do Atlántico, que se celebra tódolos veráns na Coruña. 


A súa utlima novela ARDALÉN, unha historia sobre a memoria persoal, é loada polo xurado do Premio Nacional pola mestría no uso da cor e o carácter poético do autor galego.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Como xa sabedes, o pasado 22 de outubro celebramos unha xornada de portas abertas á que convidamos a todas as familias do centro. 
Dende aquí agradecemos a vosa presenza e animamos ás que non lles foi posible asisitir a que nos fagan algunha visita polas tardes.


venres, 18 de outubro de 2013

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



Este é o cartel, ilustrado por Patricia Castelao, que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou este ano para conmemorar este día. O lema elixido para este curso 2013/14 é:


LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Co que se tenta sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.


Dende o Recuncho de Honorata queremos facer partícipes a todas as familias desde día por iso organanizamos unha xornada de portas abertas o vindeiro martes 22 de outubro ás 16:15 horas.


E ao alumnado tamén, por iso lle platexamos a seguinte pregunta:

ONDE VIVEN AS PALABRAS?

Con todas as súas ideas elaboraremos un libro xigante.


Finalmente se premes na imaxe accederás á web canal lector na que atoparás unha recompilación de libros, contos,... que nas súas páxinas nos falan das bibliotecas.

xoves, 17 de outubro de 2013

PROXECTO Á VISTA!!!







Por se quedaba algunha dúbida o tema sobre o que traballaremos durante este curso é a banda deseñada,  de ahí o nome do noso proxecto 

DESEÑAMOS BANDA?

Agardamos compartir moitas aventuras xuntos/as!!!


mércores, 16 de outubro de 2013


luns, 14 de outubro de 2013

venres, 11 de outubro de 2013

OUTRA MÁIS!!!!

A ver se esta pista vos serve de axuda ... e lembrade deixar a vosa resposta nun comentario, a ver que ideas van xurdindo!!!Ánimo



mércores, 9 de outubro de 2013

xoves, 26 de setembro de 2013

BENVIDOS/AS DE NOVO!!!!!

 Coa chegada do mes de outubro a biblioteca volve a abrir as súas portas e agardamos a partir do MÉRCORES 2 a vosa visita!!!

 O horario será o seguinte:

- Para os nenos e nenas: durante o recreo e nas tardes dos luns, mércores e xoves de 16 a 18 h.
Lembrade que os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria deberán vir acompañados dun adulto.

- Para os maiores: os luns, mércores e xoves de 16 a 18 h.


Por certo!!!

Pouco a pouco iremos deixando pistas a ver se sodes quen de adiviñar cal é o tema para este curso???