xoves, 7 de novembro de 2013

PARABÉNS MIGUEL ANXO PRADO

Miguel Anxo Prado acaba de ser galardoado co Premio Nacional do Cómic que concede o Ministerio de Cultura. O xurado recoñece especificamente o labor do debuxante coruñés na súa última obra, ARDALÉN.
Pero Miguel Anxo Prado ten unha obra enorme; é un dos autores e ilustradores máis recoñecidos no mundo do cómic. Deuse a coñecer coa obra TRAZO DE TIZA e as historietas humorísticas QUOTIDIANIA DELIRANTE. Traballou en El Jueves, e é o creador do Xabarín. Meteuse con éxito no cine de animación con DE PROFUNDIS, e dirixe o salón Viñetas do Atlántico, que se celebra tódolos veráns na Coruña. 


A súa utlima novela ARDALÉN, unha historia sobre a memoria persoal, é loada polo xurado do Premio Nacional pola mestría no uso da cor e o carácter poético do autor galego.