mércores, 27 de abril de 2011

NOVAS

A partir de hoxe podedes visitar a biblioteca todos os días no tempo de recreo e os luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.
Para que podedes vir? Para consultar libros, buscar información en enciclopedias ou en internet, pasar un rato agradable lendo unha fermosa historia, emprestar un libro, un xogo, una peli,...
Quen pode vir? Todos os nenos e nenas do cole e as súas familias, lembrade que os máis pequenos teñen que vir acompañados dalgunha persoa adulta,

Agardámoste a ti e a túa familia.

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Coincidindo coa celebración do día do libro no Ceip de Aguiño aproveitamos para inaugurar a nosa nova biblioteca.
Contamos coa presenza da nosa mascota a Rata Honorata e o seu amigo o frautista Bautista que fixeron as delicias dos máis pequenos coas súas historias.

Tamén quixo estar neste día tan especial o escritor aguiñense Unai González que nos animou a gozar deste novo espazo e nos agasallou con exemplares das súas obras para a nosa biblioteca.

Ao rematar este acto a ANPA convidounos a un petisco.

Dende aquí damos as grazas a todos e todas os que participaron neste día tan especial.

venres, 22 de abril de 2011

APERTURA DA BIBLIOTECA

Despois dun duro traballo no que non puidemos ofrecer o servizo de Biblioteca ao noso alumnado e familias O VINDEIRO MÉRCORES 27 DE ABRIL, PODEREMOS GOZAR DO NOVO RECANTO DE HONORATA.

Agardamos a vosa visita

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO


Que mellor xeito de celebralo que coa canción LIBRO MÁXICO do disco
¡Canta Connosco! de Migallas.

venres, 1 de abril de 2011

2 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

"O libro lembra”. Este é o título do texto da escritora estonia Aino Pervik que serve para conmemorar a data do nacemento de Hans Christian Andersen, o 2 de abril, e que desde hai xa anos (1967), a IBBY (International Board on Books for Young people) promove como Día Internacional do Libro Infantil, co fin de estimular a creación e difusión de libros de calidade para nen@s e moz@s, e promover a lectura entre a xente máis nova.

luns, 14 de marzo de 2011

Os nosos parabéns ao equipo de biblioteca do IES FONTEM ALBEI da Fonsagrada, por este libdup no que nos contan a historia dun libro esquecido, que tras percorrer boa parte do centro retorna os seu lugar natural: a biblioteca.

martes, 22 de febreiro de 2011

AS MOCHILAS VIAXEIRAS VAN Á CASA DE....

As mochilas empezar a súa andaina, seguro que xa o estabades desexando.
Esperamos que o seu contido sexa do agrado de todos e todas.


Con que ilusión as levan os pequenos do cole.


RECURSOS PARA O ENTROIDO


Como xa estamos pertiño de celebrar o entroido, de seguido ofrecémosvos una serie de enderezos web con recursos:

ENTROIDO NA PROVINCIA DE ORENSE. Páxina de Vieiros da Escola. Clica aquí.

CHEGA O ENTROIDO. Páxina do Consello da Cultura Galega. Clica aquí.

O ENTROIDO. Páxina de Política Lingüística. Clica aquí.

ORIXES E RITOS DO ENTROIDO. Galicia espallada. Clica aquí.

RECURSOS PARA O ENTROIDO NA ESCOLA (caretas, disfraces, máscaras). Clica aquí.

ENTROIDO, FESTA E TRADICIÓN. CEIP da Ramallosa. Clica aquí.

RECURSOS DIDÁCTICOS, MANUALIDADES,... Coordinadora galega de normalización lingüística. Clica aquí.

24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Cada 24 de febreiro lembramos o nacemento de Rosalía de Castro, poetisa sen par e unha das nais indiscutibles da nosa lingua nai.


domingo, 20 de febreiro de 2011

21 DE FEBREIRO: DÍA DA LINGUA MATERNA

O obxectivo desta celebración, aprobada pola UNESCO en 1999, é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo, en especial, a das minorías por seren aquelas que se encontran nunha situación máis difícil.

Tamén forma parte desta celebración a promoción do respecto e interese por todos os idiomas para favorecer unha actitude positiva cara á riqueza lingüística do mundo.

A ONU entende que os idiomas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da herdanza cultural da humanidade e que, daquela, toda iniciativa que promova a súa supervivencia servirá para incentivar, ademais do pluralismo lingüístico, a diversidade cultural.