O obxectivo desta celebración, aprobada pola UNESCO en 1999, é impulsar a práctica das linguas maternas en todo o mundo, en especial, a das minorías por seren aquelas que se encontran nunha situación máis difícil.
Tamén forma parte desta celebración a promoción do respecto e interese por todos os idiomas para favorecer unha actitude positiva cara á riqueza lingüística do mundo.
A ONU entende que os idiomas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da herdanza cultural da humanidade e que, daquela, toda iniciativa que promova a súa supervivencia servirá para incentivar, ademais do pluralismo lingüístico, a diversidade cultural.