luns, 1 de decembro de 2025

IM_PERFECTA

Con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o noso centro encheuse de arte, reflexión e moito talento. As alumnas de 6º de Educación Primaria subiron ao escenario para representar "IM-PERFECTA", unha representación que non deixou a ninguén indiferente.

A obra abordou con gran sensibilidade e madurez temas tan cruciais como a presión social sobre a imaxe das mulleres, a importancia da autoestima e a necesidade de romper con estereotipos de xénero dende a infancia.

"Non precisamos ser perfectas, precisamos ser ceibes, respectadas e felices". Este foi o potente mensaxe que as nosas actrices transmitiron a todo o alumnado e profesorado presente.

Queremos dar os parabéns a todas as participantes polo seu gran esforzo, a súa implicación e a valentía de alzar a voz na súa representación. Grazas tamén ao profesorado que axudou a guiar este proxecto que nos convida a seguir construíndo, día a día, un colexio e un mundo máis igualitario.