O 19 de novembro de 1933, no marco da II República, case sete millóns de mulleres puideron votar por primeira vez en España. A sufraxista Clara Campoamor tivo un papel fundamental na loita polo sufraxio universal. Podes saber máis sobre esta importante muller nesta ligazón: https://canalhistoria.es/perfiles/clara-campoamor/
Oitenta e seis anos despois, nenos e nenas votarán aos futuros Alcalde e Alcaldesa do noso cole. Logo dunha intensa semana de campaña xa está todo preparado. Mañá comunicaremos os resultados das eleccións!