O mércores 2 de maio, ás 12 horas, na biblioteca tivo lugar unha charla a cargo de Rubén, o pai de Andrés, un neno de 4º de Educación Primaria, na que nos falou sobre a súa experiencia levando ao Sáhara Occidental recursos básicos (calzado, conservas, alimentos non perecedoiros,...) para as persoas que están a vivir unha situación tan difícil. No seu percorrido foron pasando por diferentes poboados nos que ían deixado todo aquelo que levaban, axudaron a quen o precisou co seu camión,... despois de escoitar a Rubén sólo nos queda agradecerlle de todo corazón que viñese a compartir con nós a súa experiencia!!!