luns, 27 de novembro de 2017

PALABRA DA SEMANA

27 de Novembro - 1 de Decembro.


venres, 24 de novembro de 2017

HORARIO DE APERTURA DA BIBLIOTECA

A biblioteca permanecerá aberta prestando os seus servizos de empréstito e devolución, lectura en sala, busca de información, uso dos ordenadores no seguinte horario:

Para o alumnado:

  • De luns a venres no tempo de recreo.
  • Os luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.

Para os adultos:
  • Os luns e mércores de 9 a 10 horas.
  • Os luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.

27 DE OUTUBRO: CLUBE DE LECTURA FAMILIAS

Resultado de imagen de club lectura adultos


O vindeiro luns 27 de novembro de 9 a 10 horas terá lugar a primeira xuntanza do clube de lectura para adultos que se vai a desenvolver por primeira vez no centro. As xuntanzas serán quincenais e nesta primeira adicarémola para organizarno e escoller o libro que imos a comezar lendo.

Agardamos que esta actividade sexa do voso agrado e que lle saquedes moito proveito.

MÁIS RECURSOS 25 DE NOVEMBRO


Dende o equipo de biblioteca decidimos sintetizar o Día Internacional da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, así como o Día Internacional Contra a Violencia ás Mulleres, para o que propoñemos investigar ao noso alumnado ao redor dos recursos tecnolóxicos creados para o control dos maltratadores -control telemático do agresor-,  así como reflexionar sobre o uso e o enfoque co que se están aplicar estes avances tecnolóxicos: quen os creou? como funcionan? baixo que criterios e enfoque se utilizan...?

Neste sentido, a seguinte noticia é moi reveladora:





Asemade, as matemáticas e a ciencia están estreitamente relacionadas. Achegamos outra noticia que inclúe unhas gráficas moi significativas cuxa análise e interpretación pode suscitar interesantes reflexións.





Outra proposta sería reflexionar sobre o uso das redes sociais e particularmente dos móbiles, para o control das súas parellas por parte de agresores adolescentes, entre outras situacións, reflexionando sobre o uso das novas tecnoloxías e das redes sociais.




No timbre musical esta é a canción escollida para esta quincena:



Podemos aproveitar e escribirlle unha carta ás rapazas do IES de Teo, recoñecendo a necesidade e importancia de letras e verbas con este tipo de mensaxes.




En TICS Aguiño, no apartado de Cidadanía, Valores Sociais e Cívicos, tedes unha importante escolma de recursos no subapartado de Coeducación, Xénero e Violencia de Xénero.




Achegamos un enlace de CEDEC Educalab do Ministerio de Educación, con 12 vídeos para traballar a violencia de xénero na aula.




Curta O Túnel, realizada polo IES Moncho Valcarce:






Conto "Arturo e Clementina", que malia que semella un libro dirixido á comunidade dos/as pequenos/as e medianos/as, non ten idade.

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Con motivo desta conmemoración no centro repartimos un autolocante  cunha imaxe de Margaret Keane titulada LÚA AZUL, nos engadímoslle "reMATAR" xogando coa palabra en positivo como  a necesidade de "rematar" con esta lacra, e por outra banda, xógase coa idea de "re-matar" enfatizando a acción de "repetir" esta morte cada vez que hai unha situación de maltrato, é dicir, unha muller que é maltratada morre repetidas veces.



Para reflexionar sobre esta data, xa que subiron a 11 o número de mulleres asasinadas así coma de nenos, elaborouse unha presentación de Margaret Keane, que nos servirá para traballar ao longo de todo o curso.



Porque se preparou a presentación da obra de Margaret Keane?



Porque é unha muller anulada como cidadá, como muller, como artista...polo seu marido que lle roubaba a autoría das obras e a dignidade como mullerMáis alá da estética da obra que pode resultar "edulcorada" está a historia de vida que late detrás e que pode ser de interese para traballar. O protagonismo dos nenos/as na súa obra, pode abrir unha porta de reflexión e sensibilización para falar deste tema nas aulas.

A presentación ten varias partes: unha obra dividida que pode ser obxecto de descrición, de sensacións..., oito obras onde aparecen escenas de nenos/as; oito obras onde os nenos/as parecen están observando unha situación e finalmente oito obras onde aparecen chorando. Estas obras de nenos/as poden servir para falar que sobre a violencia machista onde a padecen as mulleres, os fillos/as, os familiares...e sen lugar a dúbidas é un problema de toda a sociedade, e pola tanto da escola.
Dicir tamén que como hai un neno máis asasinado saliéntase o número 8 en toda a presentación.

Estase montando unha instalación no corredor, no que se exporá a obra de Margaret Keane. Cando este rematada compartiremos imaxes da mesma.

O cartel tamén inclúe un poema de A.García Teijeiro, posto que é un xeito de sumarnos ás voces contra o maltrato, aínda que non suframos esta lacra en primeira persoa, é un problema de todos e todas. Os datos son tremendamente escalofriantes.



A PRIMEIRA
                PERSOA
                 DO  SINGULAR
DEIXOU
                  DE CONXUGAR
O VERBO SENTIR
PARA UNIRSE
                     ÁS VOSAS
E CREAR O PLURAL
DUNHA CONXUGACIÓN
                       FERMOSA:
                          “NOS SENTÍMONOS”.                                          
                                         
                                                                       (A.García Teijeiro)

luns, 20 de novembro de 2017

PALABRA DA SEMANA

20 - 24 de Novembro.


mércores, 15 de novembro de 2017

PLAN PROXECTA: "DONAS DE SI"

Este curso tamén participaremos no plan proxecta co proxecto de centro que leva por título:

  "TesELAS: mosaicos incompletos"

con este título quérese recoller a idea do mosaico da historia do pensamento e da memoria colectiva, visibilizar como está incompleto sen as teselas con nome de mulleres nas artes, nas ciencias, na literatura, ... polo que está relacionado e inclúe ao proxecto Lúas: ciencia comprometida, ciencia transformadora. Así como terá en conta a perspectiva de xénero, igualdade de oportunidades, referentes en todos os ámbitos, intervencións sobre a violencia machista,...

luns, 13 de novembro de 2017

PALABRA DA SEMANA

13 - 17 de Novembro.


domingo, 12 de novembro de 2017

POETIZAR A ESCOLA, POETIZAR A VIDA.

“Poesía é a unión de dúas palabras que un xamais suposo que puideran xuntarse, e que forma algo así como un misterio.”
 García Lorca

Este curso a nivel de centro propúxose unha nova dinámica: Poetizar a escola, poetizar a vida. Que consiste en empezar cada día o faladoiro coa lectura dun poema.

Os poemas seleccionados poden ser de temas variados, poden ser lidos polo profesorado, polo alumnado, poden traelos da casa,... e dado que os poemas son obxectos artísticos en sí mesmos que nos producen sensacións, sentimentos, desenvolven a nosa sensibilidade, ... non será preciso estudialos e analizalos, aínda que si se considera preciso poderase profundizar nos que creamos que debemos facelo.

Aínda que na biblioteca contamos con algúns fondos de poesía e unha recompilación de poemas sobre o mar (feita por unha compañeira do centro) que pode servir para presentar os mares da lúa.

Na rede tamén atopamos algúns recursos que consideramos que son interesantes:

Blog feito no centro, en infantil, onde podedes atopar algúns poemas sobre a lúa e o mar (para falar dos mares da lúa).

Páxina de poesía musicada

LÚAS: RECURSOS

Seguimos compartindo recursos relacionados co proxecto anual deste curso, nesta ocasión trátase dun enlace a unha wiki feita fai un tempo polo profesorado de educación infantil, nela atoparedes obras onde aparece a lúa, é unha presentación monográfica sobre o firmamento na obra de Miró.

COLECCIÓN DE OBRAS DE ARTE ONDE APARECE A LÚA


 

mércores, 8 de novembro de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS


A partir de hoxe, as mochilas viaxeiras empezan a visitar as casas de todos os nenos e nenas do colexio, agardamos que os contidos das mesmas resulten interesantes tanto a grandes como a pequenos e que vos fagan pasar bos momentos en familia.

luns, 6 de novembro de 2017

PALABRA DA SEMANA

6 - 10 de Novembro.


venres, 3 de novembro de 2017

LÚAS: RECURSOS

Recomendámosvos o programa "Ellas", adicado á investigadora Margarita Salas. 


Preme na imaxe para ver o documental.

7 de NOVEMBRO: XORNADA DE PORTAS ABERTAS


CHEMA MADOZ


O vindeiro martes, 7 de novembro, ás 16 horas, celebraremos un ano máis a Xornada de Portas Abertas da biblioteca do CEIP Heroínas de Sálvora, na que presentaremos o proxecto de innovación deste ano, animaremos  ás familias a participar na organización e xestión da biblioteca, así como unha utilización máis activa dos seus recursos. 


Aproveitaremos a xornada para proxectar a película Figuras Ocultas (2016), que está directamente relacionada cos contidos do proxecto de innovación deste ano.

Lembrarvos tamén que o 24 de outubro foi a data na que se conmemora o Día das Bibliotecas Escolares, polo que o vindeiro martes 7 de novembro repartiremos un autocolante que recolle a presentación do proxecto de poesía iniciado este curso: POETIZAR A ESCOLA, POETIZAR A VIDA (do que vos daremos máis información en outra entrada do blogue) e a celebración do Día das Bibliotecas Escolares.



Esta obra de Chema Madoz foi escollida por diversas razóns:


- Por ser un poeta visual de vangarda, referente a nivel mundial pola súa xenial creación e sensibilidade.
- Pola presenza da Lúa ligado ao Proxecto anual da escola.
- Por ser unha Lúa convertida en un Gong que marca cunha poesía o inicio diario dos nosos faladoiros.
- Pola sensibilidade que se recolle nesta obra asociada a educar na sensibilidade a través da poesía.
-Pola indiscutible vinculación da poesía coas bibliotecas.


A imaxe vai acompañada por este pensamento de Juan Ramón Jiménez, onde fala da "contemplación", acción de vital importancia  que esquecemos moitas veces.


Contamos con vós!!! E agradecemos de antemán a vosa asistencia.

xoves, 2 de novembro de 2017

PRESENTACIÓN DO BARRIO!!!




Este curso, inauguramos un ambiente na comunidade de medianos/as e maiores, que recrea un Barrio. Nel podemos atopar distintos establecementos: 

  • O ultramarinos:





  • Axencia de viaxes.



  • Oficina de correos.

  • Óptica e farmacia.


















  • Clínica:



  • Café-teatro:



Na comunidade de pequenos/as xa sabedes que está o ambiente de Aquelar onde a identidade é a vida cotiá, polo que podemos atopar servizos comunitarios (supermercado, clínica, carpintería e perruquería) e a vida doméstica onde está recreada unha casa con todas as súas dependencias.  











Podedes vir a visitar estes dous ambientes, e se estades interesados/as podedes formar parte da Comisión de familas do Barrio. Animádevos!!!