Este mes, a partir da proposta de dúas alumnas de 6º de educación primaria, Yamila e María José, o portal das palabras non está adicado a nomes comúns relacionados cunha mesma temática.
A novidade de este mes é que pechamos o curso con nomes propios de artistas vinculados á música abertamente declarados/as pertencentes ao colectivo LGTBI e así imos dando os últimos pasos para concluír o Proxecto Nenúfares no que estivemos enrrolados todo o curso.
Dende o Recanto de Honorata agradecemos a boa idea destas dúas alumnas.