Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas.
Naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finou o 9 de marzo de 2002 na
Ramallosa (Nigrán).
Estudiou
Filosofía e Letras na Universidade
de Santiago de Compostela. Foi lector en varias universidades europeas. De regreso
a Galicia estableceu a súa
residencia en Vigo, onde
desenvolveu a súa actividade profesional como escritor, editor e catedrático de
instituto.
Foi elixido membro da Real Academia Galega
en 1977 e presidente do Consello da Cultura Galega en 1996.
Colaborou
en numerosas revistas e xornais, entre eles Grial, que dirixiu
dende 1989 a 2002, ano do seu pasamento, e La Voz de Galicia. Parte deste
traballo periodístico foi publicado en forma de libro: Á marxe. Palabra de escritor (2 de xaneiro - 10 de marzo de 2002) (2003), Á
marxe, 1992 (2005), Á
marxe, 1993 (2005), Á
marxe, 1994 (2006) y Á
marxe, 1995 (2006).
Deuse a coñecer en 1967 con “Vento ferido”, unha colección de relatos breves sobre a violencia e o fatalismo. Entre as súa obras
destacan:
- Cambio en tres (1969).
- Xoguetes pra un tempo prohibido (1975).
- Os escuros soños de Clío (1979).
- Ilustrísima (1980).
- Os mortos daquel verán (1987).
- Na marxe de cada día: follas dun diario (1994).
- Deus sentado nun sillón azul (1996).
- Un país de palabras (1999)
- O sol do verán (2002).
Como escritor de literatura infantil publicou:
- A galiña azul (1968).
- As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas (1973).
- O can Rin e o lobo Crispín (1983).
- Lolo anda en bicicleta (1996).
- O galo de Antioquía (1994).
- Un polbo xigante (2000)
- A serie de Toribio: Este é Toribio (1991), Toribio contra o profesor Smith (1991), Toribio e o contador de contos (1991), Toribio ten unha idea (1992) y Toribio revoluciona o tráfico (1994).
Como
biógrafo e ensaísta elaborou traballos sobre a vida e obra de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e Curros
Enríquez.
Traduciu varias obras ao galego: El
principito do francés Antoine
de Saint-Exupéry, Los escarabajos vuelan al atardecer da escritora sueca María Gripe e El viejo y el mar do estadounidense Ernest Hemingway.
O humor, a sinxeleza e a claridade no
tratamento dos temas que afectan ao mundo de hoxe constituíron as marcas máis
características do seu estilo narrativo e ensaístico.