O pasado martes 25 de abril, dentro das actividades programadas durante a "III Semana da Diversidade e Orientación", visitounos a activista Laura Bugalho.
O motivo da súa visita é pola súa conexión co contido do "Proxecto Nenúfares: Diversidade Afectivo-Sexual" e a "Semana da Diversidade", xa que entre as diversas causas nas que está implicada, Laura Bugallo é unha destacada activista LGTBI e transfeminista.
A comunidade educativa do CEIP Heroínas de Sálvora agradece a súa presenza no centro, durante a que compartiu con grandes e pequenos como foi e cómo é a súa vida actualmente, os atrancos que foi superando, cómo o foi facendo,... A xornada estivo organizada en varias sesións de conversa dirixidas aos nenos das distintas comunidades e tamén ás familias do noso alumnado.