“MULLERES ARTISTAS, MULLERES
INVISIBLES”
Este
curso adícase o día da Muller traballadora ás MULLERES ARTISTAS. Mulleres que na gran maioría dos casos
non son nomeadas nas páxinas da historia da humanidade, non son estudadas, non son visibles nin visibilizadas, non son
valoradas… e de selo están sempre en minoría con respecto aos homes. Mulleres
que non ocupan espazos nos libros, nas programacións,… mulleres artistas, mulleres
invisivilizadas.
É moi importante crear espazos e tempos para
falar de mulleres artistas en distintos ámbitos: pintura, escultura, poesía,
cine, música ….e reflexionar sobre esta invisibilidade.
Ao
longo destes cursos estamos intentando darlle ao noso alumnado referentes de
mulleres artistas: Sheila Hicks (cando fixemos as boliñas de lá en arte textil),
Judith Scott (muller con síndrome de down), Yayoi Kusama, Frida, Maruja Mallo…)
Tivemos a oportunidade de coñecer a distintas artistas como pode ser a Laura
Piñeiro http://www.laurapineiro.com/
…
O autocolante deste curso está inspirado
nunha obra de Tamara de Lempicka, que vai acompañada dun versos de Sophia
de Mello Breyner :
Ressurgiremos
ali onde pedra estrela e tempo
São o reino do homem
Ressurgiremos para olhar para a terra de frente
Na luz limpa de Creta
São o reino do homem
Ressurgiremos para olhar para a terra de frente
Na luz limpa de Creta
Este é o poema enteiro:
Ressurgiremos
Ressurgiremos ainda sob os muros de Cnossos
E em Delphos centro do mundo
Ressurgiremos ainda na dura luz de Creta
Ressurgiremos ali onde as palavras
São o nome das coisas
E onde são claros e vivos os contornos
Na aguda luz de Creta
Ressurgiremos ali onde pedra estrela e tempo
São o reino do homem
Ressurgiremos para olhar para a terra de frente
Na luz limpa de Creta
Pois convém tornar claro o coração do homem
E erguer a negra exactidão da cruz
Na luz branca de Creta
E em Delphos centro do mundo
Ressurgiremos ainda na dura luz de Creta
Ressurgiremos ali onde as palavras
São o nome das coisas
E onde são claros e vivos os contornos
Na aguda luz de Creta
Ressurgiremos ali onde pedra estrela e tempo
São o reino do homem
Ressurgiremos para olhar para a terra de frente
Na luz limpa de Creta
Pois convém tornar claro o coração do homem
E erguer a negra exactidão da cruz
Na luz branca de Creta
Eliximos
esta obra por varias razón:
-
Porque a súa autora é unha
muller.
-
Porque era bisexual, polo que existe unha conexión co Proxecto Nenúfares.
-
Porque na obra aparece unha
muller.
-
Porque aparecen unhas cadeas
que pode ser un obxecto que permite falar sobre “cadeas machistas históricas”,
“cadeas da invisibilidade”
-
Porque é na obra da artista
aparecen espidos de mulleres con volumes.
A proposta para traballar esta conmemoración non se reduce ao propio día, senón que cada aula dedidirá o tempo que lle adica, para traballar o tema con tranquilidade e en cada unha traballarase o tema como se desexe:
Visualizando varios exemplos.
Facendo
investigacións sobre distintas mulleres (vida e obra)
Partindo da obra de Lempicka
Centrándose na obra de Maruja Mallo xa que se lle adica este
ano 2017
Facer obras inspirándonos en artistas coma Niki de Saint Phalle , que
pode conectar moi ben co proxecto de nenúfares polas súas cores e pola búsqueda
da igualade entre homes e mulleres que reinvidicaba cas súas obras (por
exemplos as Nanas)
Podemos traballar a obra de O´Keeffe xa que
traballa o tema das flores (como os nenúfares) con efecto zoom , interpretadas
en moitas ocasións como alusións á sexualidade. Foi unha das pioneras da arte
feminista.
De seguido compartimos un pequeno recopilatorio de enlaces:
https://www.slideshare.net/TeacherMarta/da-internacional-da-muller-59067780
(para saber un pouco máis desta data)
https://www.slideshare.net/tetedelrio/mulleres-galegas
(mulleres en varios ámbitos ademais do artístico)