Dende o 9 de xuño, a biblioteca conta cun novo servizo, o bibliopatio. Trátase dun carriño que se sacará cada día ao patio e que contén diferentes fondos que os nenos e nenas poderán coller no tempo de recreo e desfrutar deles ao aire libre.
Agardamos que teña unha boa acollida por todo o alumando do centro.