Con motivo do día da biblioteca no Recanto de Honorata organizamos diferentes actividades, para o alumnado e para as familias, o martes 27.
- Coas familias xa vós contamos que organizamos unhas xornadas de portas abertas de 16 a 18 horas.
- Para o alumnado no tempo de recreo, todos/as os que queiran poden asistir a lectura de "Sar, Sarela e os monstros de Compostela" por parte de alumnos de 4º e logo invitarase a que todos e todas os que queiran investiguen sobre estas figuras monstruosas.
- E despois do recreo, os axudantes de biblioteca, leerán dous comunicados, un de Laura Gallego e outro de Diego Arboleda, que fan referencia á conmemoración.
- Entregaranse uns autocolantes co lema "Abre as portas da investigación" ilustrados cunha obra de Chema Madoz.
- E para rematar farase a entrega dos chalecos que levarán os axudantes de biblioteca para que así sexa máis fácil identificalos.