mércores, 16 de decembro de 2015

RECOMENDACIÓN DE LECTURAS PARA O NADAL









Nesta ocasión escollemos algunhas historia de Neira Vilas, recentemente falecido e de Manuel María, ao que se lle adicará o día las Letras Galegas o vindeiro mes de maio.
Agardamos que a selección sexa do voso agrado e non esquezades pasar o Nadal acompañados dun libro.

O equipo de biblioteca deséxavos:

BO NADAL E FELICES LECTURAS!!! 

MIGRACIÓN


Con esta composición de fotografías feitas por Chema Madoz ilustramos o proxecto deste curso, que como xa sabedes é a migración no que as maletas están sempre presentes.

xoves, 3 de decembro de 2015

25 NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.


Este curso a violencia de xénero está sendo un tema presente en todas as titorías e que se está a traballar dende o inicio do curso e que seguiremos traballando ao longo do curso, dados os , nos seguintes enlaces podedes ver algunhas das dinámicas levadas a cabo:






Interpretación da canción: Desdebuxando o teu ser, que traballou o mestre de música con todo o alumnado e á que lle puxeron música os nenos e nenas de sexto.


“Desdebuxando o teu ser”

Cando a dor e o teu pesar ocultan quen es
porque te desprezan e non te queren ben.
Cando o teu rostro comeza a esmorecer
mira o teu reflexo non te deixes vencer.


Sen ollos pra poder ver,
sen cellas que vou facer.

Sen nariz pra respirar,
sen boca coa que berrar.

Sen orellas e outra vez…
desdebuxando o teu ser!






luns, 30 de novembro de 2015

XOSÉ NEIRA VILAS


Doctor Honoris Causa poa Universidad de A Coruña, membro da Real Academia Galega, Premio da Crítica Española e da Crítica Galega, Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, Celanova dos Poetas.... e segundo moitos dos que o coñeceron humilde persoa.

O autor de Memorias dun neno labrego, o primeiro "best seller" gallego e un gran axitador de conciencias, finou na súa casa cruceña de Gres o pasado venres 27 de  novembro, poucos días despois de publicar o seu último libro.



Alá onde estes agardamos que xa esteas coa túa querida Anisia Miranda. DEP.

domingo, 22 de novembro de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS


O equipo de biblioteca leva un tempo traballando na preparación das mochilas viaxeiras, que esta semana emprenderon a súa viaxe polas casas e rúas de Aguiño, agardamos que gocedes con elas cando cheguen ás vosas casas.

Este ano ademáis de diferentes fondos pensados para todos os membros da familia: información, música, cómic, contos, manualidades,... tamén contén dous exemplares da revista "Ollos de aula", elaborada pola coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística (na columna esquerda no apartado "enlaces de interese" podedes consultar todos os números que levan publicados). 

Outro dos contidos da mochila é o caderno de apuntamentos, no que como sempre nos podedes facer chegar os comentarios que consideredes: pertinencia do contido, se o tempo foi suficiente, que foi o que máis vos gustou, se botades en falta algo,... E finalmente, este ano incluímos como novidade o Caderno de vivencias, no que as familias podedes recoller por escrito as vivencias que tivo ou está a ter algún familiar, veciño,... como emigrante, xa que a emigración é o tema deste ano do noso proxecto.

Dende o equipo de biblioteca agradecemos a implicación e colaboración de toda a comunidade educativa nesta actividade.

mércores, 11 de novembro de 2015

NOVOS RECURSOS DO BLOGUE

Dende hoxe contamos con dúas ferramentas  novas, na columna esquerda do blogue,  ás que podedes acceder cun simple clic.

  • A primeira é o Portal das palabras: unha iniciativa para a modernización do traballo lexicográfico e a popularización do noso léxico, da man da RAG e da Fundación Barrié, xa que hai formas pedagóxicas e divertidas de levar o léxico e a lexicografía ás aulas. Neste senso educaBarrié proponnos actividades, guías e outros recursos para conseguir a máxima atención e implicación dos rapaces e rapazas.


  • A segunda é o repositorio de recursos Tics Aguiño: no que atoparemos un montón de recursos seleccionados polo equipo TICS do noso cole.

 

xoves, 29 de outubro de 2015

ALICIA EN SETE PALABRAS MARABILLOSAS


Nos 150 anos que van aló, non minguou a fascinación por Alicia e fixéronse innúmeras traducións, adaptacións e versións, ata o punto de estar considerado un dos libros con maior impacto na cultura mundial, un best-séller eterno para lectores de todas as idades, que o "Portal das Palabras" (unha iniciativa da RAG e da Fundación Barriè, quere lembrar con estas sete palabras e tamén coas ilustracións, creadas sobre as que John Tenniel fixo para a primeira edición do libro.
Preme na imaxe para acceder ao recurso.

luns, 26 de outubro de 2015

ACTIVIDADES DÍA DAS BIBLIOTECAS


Con motivo do día da biblioteca no Recanto de Honorata organizamos diferentes actividades, para o alumnado e para as familias, o martes 27.

  • Coas familias xa vós contamos que organizamos unhas xornadas de portas abertas de 16 a 18 horas.

  • Para o alumnado no tempo de recreo, todos/as os que queiran poden asistir a lectura de "Sar, Sarela e os monstros de Compostela" por parte de alumnos de 4º e logo invitarase a que todos e todas os que queiran investiguen sobre estas figuras monstruosas.


- E despois do recreo, os axudantes de biblioteca, leerán dous comunicados, un de Laura Gallego e outro de Diego Arboleda, que fan referencia á conmemoración.

- Entregaranse uns autocolantes co lema "Abre as portas da investigación" ilustrados cunha obra de Chema Madoz.


- E para rematar farase a entrega dos chalecos que levarán os axudantes de biblioteca para que así sexa máis fácil identificalos.

sábado, 24 de outubro de 2015

24 de OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS



O 24 de Outubro é recoñecido como o Día da Biblioteca, desde que hai anos comezara a celebrarse grazas ao empeño da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, no 1997. Amparado agora polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, o DÍA DA BIBLIOTECA celébrase en todo o estado e serve para dar visibilidade a todas e cada unha das bibliotecas que abren as súas portas día a día para acoller ás persoas en procura de lectura e de coñecementopero tamén de espazos "amigables" nos que compartir experiencia lectora, pensar e traballar xunto con outros en proxectos diversos. 

Para celebrar este día o vindeiro MARTES 27 a biblioteca permanecerá aberta para todos/as aqueles/as que desexedes coñecer o seu funcionamento, o proxecto no que nos embarcaremos ao longo do curso, levar un libro en préstamo, facervos socios/as,... agardámosvos.

E para rematar esta estrada, dende o Recanto de Honorata queremos compartir con todos vós unha frase de Quino para reflexionar e uns vídeos que fan referencia á biblioteca.






domingo, 18 de outubro de 2015

BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS.


"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares, que chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido. 

A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO.

mércores, 14 de outubro de 2015

CLUBE DE LECTURA

O vindeiro 26 de outubro, de 16 a 17 horas, terá lugar a primeira xuntanza do clube de lectura deste curso que está dirixido ao alumnado de 6º de educación primaria que.

O libro escollido nesta ocasión é:

"O albúm de Garrincha" da editorial Galaxia escrito por Beatriz Maceda Abelleira.


Garrincha foi un futbolista brasileiro medio coxo, ou coxo completo, coa columna vertebral como unha interrogación. Ninguén pensou nunca que chegaría gañar o Mundial e ser un dos mellores futbolistas de todos os tempos. A historia de Garrincha é a que ten sempre en mente o protagonista desda novela que, a través do fútbol, vai conseguir entender o mundo, ás veces hostil, que o rodea.

luns, 12 de outubro de 2015

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL 2015



O xurado concedeulle o galardón a Ledicia Costas pola súa obra «Escarlatina, a cociñeira defunta», que consideran «rompedora» e cunha gran habilidade para desmitificar o mundo da morte.
Esta historia foi escollida polo equipo de biblioteca para o seu clube de lectura, e Ledicia visitou o noso centro, aquí podedes recordar o momento.

Dende o Recanto de Honorata queremos felicitala por este premio e animala a que siga escribindo fantásticas historias.

mércores, 30 de setembro de 2015

AS PORTAS VOLVEN A ESTAR ABERTAS

Co inicio do mes de outubro a biblioteca volve a abrir as súas portas no horario habitual.

Para o alumnado:
- Tódolos días durante o tempo de recreo.
- As tardes dos luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas. Lembrade que os máis pequenos debedes vir acompañados dun adulto.

Para as familias:
-As tardes dos luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.

Agardamos as vosas visitas para o empréstito e devolución de fondos, consulta de fondos e na internet,...

martes, 30 de xuño de 2015

Despedimos o curso 2014/15 con imaxes da  "I Mostra do Teatro", agora é tempo de descanso e de coller folgos para os vindeiros proxectos.

Dende o Recanto de Honorata, queremos agradecer a colaboración, esforzos e axuda de toda a comunidade educativa: familias, nenos e mestres.

Vémonos en setembro!!!

























domingo, 14 de xuño de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

E para rematar o curso, o equipo de biblioteca elaborou esta recompilación de atractivas lecturas para gozar do teu tempo de lecer no verán. Agardamos que sexan do voso agrado.




MOSTRA DE TEATRO


Para rematar o proxecto sobre o teatro co que o equipo de biblioteca enrrolou a todo o profesorado e alumnado, imos a celebrar nesta última semana unha mostra de teatro tanto para alumnado como para as súas respectivas familias.

As obras que se van a representar son:

3 anos: O mostro de cores.
4 anos: Consulta da doutora mundo.
5 anos A: Ranilda.
5 anos B: O casamento da pulga e o piollo.
1º: Coida a lingua.
2º: O parque enfermo.
3º: O cambio climático.
5ºA: O campamento das bromas. Atraco no circo.
5ºB: O caco.
6º: Por catro esquiniñas de nada.

venres, 29 de maio de 2015

INVESTIGAMOS...

Durante o terceiro trimestre a biblioteca recibiu, polas tardes, a visita de todos os nenos e nenas de sexto que en divididos en 3 grupos estiveron investigando, coa axuda de distintos mestres, sobre a diversidade funcional centrándose nos ámbitos: motórico, visual e auditivo.
Unha vez tiveron a información precisa fixeron unhas presentacións e unhas obras de arte interactivas para explicarlle a todos os nenos do cole, na I Semana da Diversidade e Orientación.
Dende o Recanto de Honorata, moitos parabéns aos investigadores e investigadoras polo traballo feito!!!!
Aquí vos deixamos unha fotos:

biblioteca de aguinho de Slidely by Slidely Slideshow

EXPOSICIÓN

Na biblioteca atópanse expostos os materiais sobre o San Jordi e o seu proxecto da Idade Media,  que recibimos do colexio de Lleida.