Durante os días 20 de outubro e 3 de novembro, podedes desfrutar na biblio do cole do contido da MOCHILA VIAXEIRA PARA AS FAMILIAS, que Asesorías escolares de bibliotecas preparou para compartir con todos aqueles centros que o solicitamos. Aínda que está adicada ás familias o seu contido é moi variado, premendo aquí podedes consultar os fondos que tendes á vosa disposición.
Por outra banda, dado que este ano Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas, tamén solicitamos a MALETA VIAXEIRA MATEMÁTICA, para consultar o seu contido, preme aquí.